Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

XOGOS DE RITMO (semana 27 abril)

Esta semana imos facer xogos rítmicos! Entrade nos enlaces que vos deixo a continuación e xogade coas figuras musicais! Acordádevos de como as lemos na clase: "TA" as negras "TITI" as corcheas "DIIN" as brancas "TIRITIRI" as semicorcheas "SHH" o silencio XOGO 1          XOGO 2  Despois probade a ler os seguintes ritmos con TA e TITI:  

O LIBRO MÁXICO (Semana 27 abril)

O pasado 23 de abril celebramos o día do libro. Sei canto vos gustan os contos, así que para esta semana déixovos a canción "O LIBRO MÁXICO", que fala das fermosas aventuras que podemos vivir cando lemos libros. Fixádevos que no retrouso soan un palmas, o seu ritmo é TA, TA, TITI, TA. Intentade facelas ao tempo que cantades a canción!

VÍDEO SORPRESA!! (semana 27 abril)

Os profes do cole botámosvos moito de menos, e queremos expresalo con este vídeo sorpresa que preparamos para vos. Disfrutádeo!!! A música que escoitades no vídeo é da artista GUADI GALEGO e a canción leva por título "CHEA DE VIDA". Anímovos a que vexades tamén o vídeo orixinal da canción, xa que é moi fermoso.

PICCOLO, SAXO E FAMILIA (semana 20 abril)

No ano 1957, o compositor francés André Popp (1924-2014) recibíu un encargo de Philips Discos para crear unha obra sinfónica que tivese como obxectivo iniciar ao público infantil na música clásica.    Rápidamente púxose mans á obra e coa axuda do escritor Jean Brousolle, crearon o conto musical "Piccolo, Saxo e Compañía. A pequena historia dunha gran orquestra." Con este conto pretendían amosar aos mais pequenos, dunha maneira agradable, os distintos timbres e familias instrumentais que compoñen a orquestra sinfónica. VISUALIZAR O CONTO AQUÍ  Despois de ver o conto, facede a actividade. Unha vez feita podedes enviarme unha foto ao correo musicanadistancia@gmail.com     ACTIVIDADE: ESCRIBE OU DEBUXA A LO MENOS TRES INSTRUMENTOS DE CADA UNHA DAS FAMILIAS

DIME QUE FIXECHES (semana 20 abril)

Para os máis pequechos, déixovos unha canción que xa coñecedes para que a practiquedes na casa e aprendades moi ben os xestos. É de MIGALLAS TEATRO e está incluída no seu traballo "Canta connosco". É moi divertida! PREME AQUÍ

LETKISS - XOGO CON VASOS (semana 13 abril)

Bos días! Esta semana propóñovos un divertido xogo de ritmo que podedes facer coas vosas familias. AQUÍ podedes ver cómo se xoga. Cada xogador precisa catro vasos de plástico. E para aprender os movementos, ide dicindo o seguinte recitado: PA----SO , UN - DOUS - TRES PA----SO , UN - DOUS - TRES PA----SO , UN - DOUS - TRES  PA----SO , UN - DOUS - TRES  (repetir) COLLO E SACO COLLO E SACO COLLO E SACO COLLO E SACO COLLO E GARDO COLLO E GARDO COLLO E GARDO COLLO E GARDO  A música para xogar soará ao premer AQUÍ. E para os máis atrevidos, deixo a versión do grupo MIMMIT, que ademáis de ser moi fermosa, amosa o baile, que podedes facer tamén na casa. O paso é ben sinxelo: DEREITA, DEREITA ESQUERDA, ESQUERDA DIANTE, ATRÁS UN, DOUS, TRES

LIMÓN (semana 13 abril)

O conto "LIMÓN", da Editorial Kalandraka, de Antonio Rubio e Óscar Vilán é ideal para que os máis pequenos practiquen o ritmo e canten mentras o len. AQUÍ tedes a canción interpretada polo alumnado do CEIP ARMENTEIRA. Propóñovos que aprendades a canción e a cantedes co vídeo. Unha vez que a saibades, facede unha palmada por cada limón. E despois, en vez da palmada, usade un pau, unha culler... sobre unha caixa de cartón, un coxín... a modo de percusión. Xa veredes que divertido!

COMPÓN AS TÚAS MELODÍAS (semana 6 abril)

Con ESTE SINXELO PROGRAMA poderás compoñer e escoitar as melodías que compoñas, empregando as notas MI-SOL-LA-SI . Divírtete compoñendo!

HAI UNHA LIÑA (semana 6 abril)

Hoxe, día 2 de Abril, é o DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO. É por iso que vos poño unha fermosa canción titulada HAI UNHA LIÑA . É unha adaptación do conto "El día de Manuel", de Mª José Ferrada. A música é de Seso Durán.