Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE (semana 8 xuño)

O pasado venres 5 de xuño foi o "Día Mundial do Medio Ambiente". Imos escoitar a canción "EARTH SONG " de Michael Jackson , xa que é moi importante que tomemos conciencia da necesidade de coidar o noso planeta. A letra vennos moi ben para reflexionar acerca das accións do ser humano sobre a Terra - non sempre respectuosas- con frases como "¿Algunha vez te paraches a observar que as terras e as costas choran?" ... Despois bailaremos a coreografía da canción "PEQUEÑO PLANETA", rescatada dunha vella serie de debuxos animados - David el gnomo - na que en cada capítulo ensinaban aos nenos a importancia de vivir respectando á natureza. Creemos un novo mundo limpo e respectuoso co Medio Ambiente. XUNTOS PODEMOS! Recordatorio:  Os que non fixestes o cuestionario da semana pasada aínda estades a tempo de envialo ao meu correo musicanadistancia@gmail.com .  É importante para ter información acerca das tarefas propostas e levar a c