Ir al contenido principal

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos.
Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido!

Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos!

Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça.
Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós!
Ata o próximo curso!!! 


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

XOGOS DE RITMO (semana 27 abril)

Esta semana imos facer xogos rítmicos! Entrade nos enlaces que vos deixo a continuación e xogade coas figuras musicais! Acordádevos de como as lemos na clase: "TA" as negras "TITI" as corcheas "DIIN" as brancas "TIRITIRI" as semicorcheas "SHH" o silencio XOGO 1          XOGO 2  Despois probade a ler os seguintes ritmos con TA e TITI: