Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

MARUXA

 Polo día da MULLER, o 8 de Marzo, traballaremos co conto "Maruxa", da editorial OQO, que trata de concienciar de que as tarefas do fogar deben ser un traballo compartido. E aprenderemos a canción incluída no traballo "MÁIS CONTOS EN CANTOS", tamén da editorial OQO.

O INVERNO

  Escoitamos un fragmento das famosas "CATRO ESTACIÓNS" de Vivaldi. Trátase do inverno, e a orquestra e o violín solista imitan a chuvia, o vento e a tormenta.

LA RATITA LOLA

  Imos cantar e bailar a canción da ratita Lola, composta por Susa Herrera e incluída no seu traballo "Animales encantadores" e baseada no conto "La ratita" da Editorial Corimbo.