Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

OS TRES PORQUIÑOS (semana 1 xuño)

Sei que vos gosta moito esta canción que xa aprendemos na clase... Despois de escoitala e cantala podedes facer un debuxo dos tres porquiños coas súas casiñas... Se vos apetece podedes enviarmo a musicanadistancia@gmail.com para que eu o poida ver!

CUESTIONARIO (semana 1 xuño)

TAREFA PARA ENTREGAR A tarefa será responder ao cuestionario que tes máis abaixo. Son preguntas sinxelas para saber a actividade musical que fixeches durante este trimestre. Para entregar a tarefa tes 2 opcións: OPCIÓN 1: copiar os números das preguntas nun folio, escribir as respostas, facer unha foto que se vexa ben e enviarma ao correo, poñendo no asunto nome e curso do alumno/a. OPCIÓN 2: copiar os números e escribir as respostas directamente nun documento de Word, Open Document, Libre Office o calquer procesador de texto e enviarmo por correo, poñendo ao igual que antes no asunto o nome e curso do alumno/a. O prazo de entrega é ata o  domingo 7 de xuño. Por suposto, podes enviala antes. O correo ao que enviaredes os cuestionarios é:   musicanadistancia@gmail.com A continuación tedes o cuestionario: 1. ¿Tratas de seguir semanalmente as tarefas que se suben ao blog de Música? 2. ¿Fixeches algunhas actividades? ¿Cales? 3. ¿Cal ou cales ch

ECO RÍTMICO (semana 1 xuño)

  Esta semana imos practicar un pouco de ECO RÍTMICO, ide seguindo as instrucións do vídeo e imitando os esquemas rítmicos.

REPASAMOS AS NOTAS (semana 25 maio)

Esta semana imos repasar as notas que aprendimos na clase. MI- colócase na 1ª liña do pentagrama. SOL- colócase na 2º liña do pentagrama. LA- colócase no 2º espazo do pentagrama. E.... ATENCIÓN! Temos unha nova pero moi faciliña... DO- colócase debaixo do pentagrama atravesada por un cachiño de liña. Despois de repasalas fai esta FICHA INTERACTIVA .  Ao rematar, tedes que pulsar "TERMINADO", e vos dará dúas opcións: "Comprobar mis respuestas" o "Enviar a mi profesor". Elixide "Enviar a mi profesor" e cubride os vosos datos. Onde pon mail do teu profesor escribide musicanadistancia@gmail.com e dádelle a "send" (enviar) e xa me chegará a min. Ánimo, que é faciliño!

NOTAS MI-SOL-LA (semana 25 maio)

Esta semana imos repasar as notas que aprendimos na clase. MI- colócase na 1ª liña do pentagrama. SOL- colócase na 2º liña do pentagrama. LA- colócase no 2º espazo do pentagrama. Despois de repasalas fai esta FICHA INTERACTIVA.  Ao rematar, tedes que pulsar "TERMINADO", e vos dará dúas opcións: "Comprobar mis respuestas" o "Enviar a mi profesor". Elixide "Enviar a mi profesor" e cubride os vosos datos. Onde pon mail do teu profesor escribide musicanadistancia@gmail.com e dádelle a "send" (enviar) e xa me chegará a min. Ánimo, que é faciliño!

A PRIMAVERA (semana 25 maio)

No seguinte vídeo escoitaredes "A PRIMAVERA" de Vivaldi, un dos principais compositores de Música Clásica. Pertence á súa obra "AS CATRO ESTACIÓNS". Seguide o musicograma no vídeo e desfrutade de escoitar boa música!!!

UNHA COROA DE VIOLETAS (semana 25 maio)

Unha fermosa canción para desfrutar. É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema de RICARDO CARBALLO CALERO recollido no seu libro "Reticencias". A letra  di moitos nomes de FRORES, a ver se os atopas... "Unha coroa de violetas para a túa alta fronte.  Unha rosa vermella para a túa boca acesa. Un colar de goivos para o teu alabastro.  Unha grinalda de cravos para a túa cintura. Afinal, dúas axorcas de margaridas para os teus tornozelos. Afinal? tal vez te deite aínda sobre a relva e te cobra todo o corpo de flores". Lembrade que podedes comentar na publicación!

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

OS MAIOS (semana 11 maio)

Hoxe quero falarvos da tradición dos MAIOS. É unha das tradicións mais antigas de Galicia. O día primeiro de maio, nos lugares onde se conserva a tradición, sácanse á rúa unhas estruturas de madeira con forma de cono que se cubren con fiuncho, musgo e outras plantas e flores. Co desfile dos maios polas praza dos pobos, facémoslle homenaxe á chegada da primavera. Os nenos e nenas cantan arredor dos maios pequenas COPLAS acompañados duns paus, cos que fan ritmos. As coplas falan dalgún personaxe do pobo, dalgún tema de actualidade, nun tono de crítica e con moita retranca! PROPOSTA Nº 1: Imos cantar os maios con HABELAS HAINAS e aprender un dos ritmos tradicionais dos maios, que podemos tocar con dous pauciños que teñamos pola casa. TA-TITI-TA-TA PROPOSTA Nº 2: Crear coplas para facer un maio reivindicativo co que está a acontecer ou como o está a vivir cadaquén … Como estás vivindo este maio. Eu xa fixen a miña: Maio Maio chega a Coiro Vén con fentos

OS MAIOS (semana 11 maio)

Hoxe quero falarvos da tradición dos MAIOS. É unha das tradicións mais antigas de Galicia. O día primeiro de maio, nos lugares onde se conserva a tradición, sácanse á rúa unhas estruturas de madeira con forma de cono que se cubren con fiuncho, musgo e outras plantas e flores. Co desfile dos maios polas praza dos pobos, facémoslle homenaxe á chegada da primavera. Os nenos e nenas cantan arredor dos maios pequenas COPLAS acompañados duns paus, cos que fan ritmos. As coplas falan dalgún personaxe do pobo, dalgún tema de actualidade, nun tono de crítica e con moita retranca! PROPOSTA: Imos cantar os maios con HABELAS HAINAS e aprender un dos ritmos tradicionais dos maios, que podemos tocar con dous pauciños que teñamos pola casa. TA-TITI-TA-TA

O COELLIÑO BRANCO (semana 11 de maio)

Ola nenos e nenas, sei canto vos gustan os contos cantados!  Non sabedes as ganas que teño de poder cantarvos un... mentres tanto, podedes ir aprendendo este e cando volvamos ao cole o cantamos todos xuntos. Eu xa levo o conto!

OUTRA DE MAIOS... (semana 11 maio)

Emilio Batallán compuxo esta fermosa música para acompañar un fermoso poema de Manuel Curros Enríquez. Como estamos no mes das letras, anímovos a que escoitedes este fermoso poema musicado e desfrutedes del , incluso que o cantedes... O MAIO Aí vén o maio de frores cuberto ... Puxéronse á porta cantándome os nenos; i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos; que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sonvos o probe do pobo galego: pra min non hai maio, pra min sempre é inverno! ... Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus eidos, chegado habrá estonces o maio que eu quero ... Queredes castañas dos meus castiñeiros? ... Cantádeme un maio sin bruxas nin demos; un maio sin segas, usuras nin preitos, sin quintas, nin portas, nin f

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS (semana 4 maio)

Ola! No enlace atoparedes a ficha que hai que facer. É interactiva. Ao rematar, tedes que pulsar "TERMINADO", e vos dará dúas opcións: "Comprobar mis respuestas" o "Enviar a mi profesor". Elixide "Enviar a mi profesor" e cubride os vosos datos. Onde pon mail do teu profesor escribide musicanadistancia@gmail.com e dádelle a "send" (enviar) e xa me chegará a min. Ánimo, que é faciliño! PREME AQUÍ PARA FACER A FICHA

PIÑEIRO (semana 4 maio)

No seguinte vídeo, veredes e escoitaredes "PIÑEIRO", un conto cantado polo alumnado de 3º e 4º de primaria do Ceip. Armenteira. Editorial Kalandraka, colección do Berce á Lúa. Despois de aprender a canción podedes ir facendo un debuxo co que di a letra, xa veredes que ben vos queda!

A BAILAR CON PESDELÁN (semana 4 maio)

Ola familias! Sabedes que día foi o 29 de abril? O Día Mundial da Danza !  Por iso o Salón do Libro de Pontevedra, que se tería celebrado nestes días, preparou unha gran sorpresa!  Que vos parece percorrer o mundo a través dos bailes tradicionais galegos, de Euskadi, Brasil ou Portugal?  Os bailes corren a cargo de toda a equipa de Pesdelán para facernos gozar: Xiao Berlai na mandolina, Roberto Grandal no acordeón, Rubén Montes na percusión, Belén Tajes na voz e Mercedes Prieto xunto con Montse Rivera como guías das danzas.  Veña! Todo o mundo a bailar con Pesdelán!!!!!!!!!!!!!

LA MUSA DE LOS VIENTOS (semana 4 maio)

Sei que os nenos e nenas de 4º xa tedes a frauta na casa, así que esta semana propóñovos unha canción moi fermosa que ten as notas SOL, LA e SI que xa sabedes. Por si alguén o precisa, vos deixo un cadro coas posicións de frauta. Lembrade que os buratiños negros son os que temos que tapar en cada nota. Por último, dicirvos que no vídeo aparecen as iniciais S (sol), L (la) e T (si).