Ir al contenido principal

LA MUSA DE LOS VIENTOS (semana 4 maio)


Sei que os nenos e nenas de 4º xa tedes a frauta na casa, así que esta semana propóñovos unha canción moi fermosa que ten as notas SOL, LA e SI que xa sabedes.
Por si alguén o precisa, vos deixo un cadro coas posicións de frauta. Lembrade que os buratiños negros son os que temos que tapar en cada nota.
Por último, dicirvos que no vídeo aparecen as iniciais S (sol), L (la) e T (si).


















Comentarios

Entradas populares de este blog

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

OS MAIOS (semana 11 maio)

Hoxe quero falarvos da tradición dos MAIOS. É unha das tradicións mais antigas de Galicia. O día primeiro de maio, nos lugares onde se conserva a tradición, sácanse á rúa unhas estruturas de madeira con forma de cono que se cubren con fiuncho, musgo e outras plantas e flores. Co desfile dos maios polas praza dos pobos, facémoslle homenaxe á chegada da primavera. Os nenos e nenas cantan arredor dos maios pequenas COPLAS acompañados duns paus, cos que fan ritmos. As coplas falan dalgún personaxe do pobo, dalgún tema de actualidade, nun tono de crítica e con moita retranca! PROPOSTA Nº 1: Imos cantar os maios con HABELAS HAINAS e aprender un dos ritmos tradicionais dos maios, que podemos tocar con dous pauciños que teñamos pola casa. TA-TITI-TA-TA PROPOSTA Nº 2: Crear coplas para facer un maio reivindicativo co que está a acontecer ou como o está a vivir cadaquén … Como estás vivindo este maio. Eu xa fixen a miña: Maio Maio chega a Coiro Vén con fentos...