Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 1ºciclo

CANTAMOS POLO SAMAÍN

Comezamos a celebración do Samaín bailando un pouquiño. Imos mover o esqueleto ao ritmo que marca o reloxo! Cantaremos a canción que tanto nos gusta dos MONSTRIÑOS de Mamá Cabra. Aparecen vampiros, momias, pantasmas... uhhh... que medo! Tamén cantaremos a canción do SAMAÍN de Paco Nogueiras. E, se nos da tempo, dous cortos de debuxos animados que nos encantan!

CANTEMOS POLO MAGOSTO!

AÍ VAI UNHA, AÍ VAN DÚAS, TRES CASTAÑAS POLO CHAN. UNHA É TÚA, OUTRA É MIÑA, OUTRA É DAQUEL RAPAZ!!

LETRAS GALEGAS 2020

  Este ano, por mor do COVID-19, a celebración do Día das Letras Galegas aprazouse para o 31 de Outubro. Imos dedicarlle unha sesión a coñecer un pouquiño máis a RICARDO CARBALLO CALERO e a súa obra. Comezamos escoitando o conto "AS PITAS BAIXO A CHOIVA". Despois cantaremos unha canción baseada no conto que acabamos de escoitar: E por último repasaremos o PREGUNTOIRO MUSICAL, que xa cantamos durante o confinamento no mes de maio.

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE (semana 8 xuño)

O pasado venres 5 de xuño foi o "Día Mundial do Medio Ambiente". Imos escoitar a canción "EARTH SONG " de Michael Jackson , xa que é moi importante que tomemos conciencia da necesidade de coidar o noso planeta. A letra vennos moi ben para reflexionar acerca das accións do ser humano sobre a Terra - non sempre respectuosas- con frases como "¿Algunha vez te paraches a observar que as terras e as costas choran?" ... Despois bailaremos a coreografía da canción "PEQUEÑO PLANETA", rescatada dunha vella serie de debuxos animados - David el gnomo - na que en cada capítulo ensinaban aos nenos a importancia de vivir respectando á natureza. Creemos un novo mundo limpo e respectuoso co Medio Ambiente. XUNTOS PODEMOS! Recordatorio:  Os que non fixestes o cuestionario da semana pasada aínda estades a tempo de envialo ao meu correo musicanadistancia@gmail.com .  É importante para ter información acerca das tarefas propostas e levar a c...

CUESTIONARIO (semana 1 xuño)

TAREFA PARA ENTREGAR A tarefa será responder ao cuestionario que tes máis abaixo. Son preguntas sinxelas para saber a actividade musical que fixeches durante este trimestre. Para entregar a tarefa tes 2 opcións: OPCIÓN 1: copiar os números das preguntas nun folio, escribir as respostas, facer unha foto que se vexa ben e enviarma ao correo, poñendo no asunto nome e curso do alumno/a. OPCIÓN 2: copiar os números e escribir as respostas directamente nun documento de Word, Open Document, Libre Office o calquer procesador de texto e enviarmo por correo, poñendo ao igual que antes no asunto o nome e curso do alumno/a. O prazo de entrega é ata o  domingo 7 de xuño. Por suposto, podes enviala antes. O correo ao que enviaredes os cuestionarios é:   musicanadistancia@gmail.com A continuación tedes o cuestionario: 1. ¿Tratas de seguir semanalmente as tarefas que se suben ao blog de Música? 2. ¿Fixeches algunhas actividades? ¿Cales? 3. ¿Cal ou...

ECO RÍTMICO (semana 1 xuño)

  Esta semana imos practicar un pouco de ECO RÍTMICO, ide seguindo as instrucións do vídeo e imitando os esquemas rítmicos.

NOTAS MI-SOL-LA (semana 25 maio)

Esta semana imos repasar as notas que aprendimos na clase. MI- colócase na 1ª liña do pentagrama. SOL- colócase na 2º liña do pentagrama. LA- colócase no 2º espazo do pentagrama. Despois de repasalas fai esta FICHA INTERACTIVA.  Ao rematar, tedes que pulsar "TERMINADO", e vos dará dúas opcións: "Comprobar mis respuestas" o "Enviar a mi profesor". Elixide "Enviar a mi profesor" e cubride os vosos datos. Onde pon mail do teu profesor escribide musicanadistancia@gmail.com e dádelle a "send" (enviar) e xa me chegará a min. Ánimo, que é faciliño!

UNHA COROA DE VIOLETAS (semana 25 maio)

Unha fermosa canción para desfrutar. É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema de RICARDO CARBALLO CALERO recollido no seu libro "Reticencias". A letra  di moitos nomes de FRORES, a ver se os atopas... "Unha coroa de violetas para a túa alta fronte.  Unha rosa vermella para a túa boca acesa. Un colar de goivos para o teu alabastro.  Unha grinalda de cravos para a túa cintura. Afinal, dúas axorcas de margaridas para os teus tornozelos. Afinal? tal vez te deite aínda sobre a relva e te cobra todo o corpo de flores". Lembrade que podedes comentar na publicación!

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

OS MAIOS (semana 11 maio)

Hoxe quero falarvos da tradición dos MAIOS. É unha das tradicións mais antigas de Galicia. O día primeiro de maio, nos lugares onde se conserva a tradición, sácanse á rúa unhas estruturas de madeira con forma de cono que se cubren con fiuncho, musgo e outras plantas e flores. Co desfile dos maios polas praza dos pobos, facémoslle homenaxe á chegada da primavera. Os nenos e nenas cantan arredor dos maios pequenas COPLAS acompañados duns paus, cos que fan ritmos. As coplas falan dalgún personaxe do pobo, dalgún tema de actualidade, nun tono de crítica e con moita retranca! PROPOSTA: Imos cantar os maios con HABELAS HAINAS e aprender un dos ritmos tradicionais dos maios, que podemos tocar con dous pauciños que teñamos pola casa. TA-TITI-TA-TA

OUTRA DE MAIOS... (semana 11 maio)

Emilio Batallán compuxo esta fermosa música para acompañar un fermoso poema de Manuel Curros Enríquez. Como estamos no mes das letras, anímovos a que escoitedes este fermoso poema musicado e desfrutedes del , incluso que o cantedes... O MAIO Aí vén o maio de frores cuberto ... Puxéronse á porta cantándome os nenos; i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos; que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sonvos o probe do pobo galego: pra min non hai maio, pra min sempre é inverno! ... Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus eidos, chegado habrá estonces o maio que eu quero ... Queredes castañas dos meus castiñeiros? ... Cantádeme un maio sin bruxas nin demos; un maio sin segas, usuras nin preitos, sin quintas, nin portas, nin f...

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS (semana 4 maio)

Ola! No enlace atoparedes a ficha que hai que facer. É interactiva. Ao rematar, tedes que pulsar "TERMINADO", e vos dará dúas opcións: "Comprobar mis respuestas" o "Enviar a mi profesor". Elixide "Enviar a mi profesor" e cubride os vosos datos. Onde pon mail do teu profesor escribide musicanadistancia@gmail.com e dádelle a "send" (enviar) e xa me chegará a min. Ánimo, que é faciliño! PREME AQUÍ PARA FACER A FICHA

A BAILAR CON PESDELÁN (semana 4 maio)

Ola familias! Sabedes que día foi o 29 de abril? O Día Mundial da Danza !  Por iso o Salón do Libro de Pontevedra, que se tería celebrado nestes días, preparou unha gran sorpresa!  Que vos parece percorrer o mundo a través dos bailes tradicionais galegos, de Euskadi, Brasil ou Portugal?  Os bailes corren a cargo de toda a equipa de Pesdelán para facernos gozar: Xiao Berlai na mandolina, Roberto Grandal no acordeón, Rubén Montes na percusión, Belén Tajes na voz e Mercedes Prieto xunto con Montse Rivera como guías das danzas.  Veña! Todo o mundo a bailar con Pesdelán!!!!!!!!!!!!!

XOGOS DE RITMO (semana 27 abril)

Esta semana imos facer xogos rítmicos! Entrade nos enlaces que vos deixo a continuación e xogade coas figuras musicais! Acordádevos de como as lemos na clase: "TA" as negras "TITI" as corcheas "DIIN" as brancas "TIRITIRI" as semicorcheas "SHH" o silencio XOGO 1          XOGO 2  Despois probade a ler os seguintes ritmos con TA e TITI:  

O LIBRO MÁXICO (Semana 27 abril)

O pasado 23 de abril celebramos o día do libro. Sei canto vos gustan os contos, así que para esta semana déixovos a canción "O LIBRO MÁXICO", que fala das fermosas aventuras que podemos vivir cando lemos libros. Fixádevos que no retrouso soan un palmas, o seu ritmo é TA, TA, TITI, TA. Intentade facelas ao tempo que cantades a canción!

VÍDEO SORPRESA!! (semana 27 abril)

Os profes do cole botámosvos moito de menos, e queremos expresalo con este vídeo sorpresa que preparamos para vos. Disfrutádeo!!! A música que escoitades no vídeo é da artista GUADI GALEGO e a canción leva por título "CHEA DE VIDA". Anímovos a que vexades tamén o vídeo orixinal da canción, xa que é moi fermoso.

PICCOLO, SAXO E FAMILIA (semana 20 abril)

No ano 1957, o compositor francés André Popp (1924-2014) recibíu un encargo de Philips Discos para crear unha obra sinfónica que tivese como obxectivo iniciar ao público infantil na música clásica.    Rápidamente púxose mans á obra e coa axuda do escritor Jean Brousolle, crearon o conto musical "Piccolo, Saxo e Compañía. A pequena historia dunha gran orquestra." Con este conto pretendían amosar aos mais pequenos, dunha maneira agradable, os distintos timbres e familias instrumentais que compoñen a orquestra sinfónica. VISUALIZAR O CONTO AQUÍ  Despois de ver o conto, facede a actividade. Unha vez feita podedes enviarme unha foto ao correo musicanadistancia@gmail.com     ACTIVIDADE: ESCRIBE OU DEBUXA A LO MENOS TRES INSTRUMENTOS DE CADA UNHA DAS FAMILIAS

DIME QUE FIXECHES (semana 20 abril)

Para os máis pequechos, déixovos unha canción que xa coñecedes para que a practiquedes na casa e aprendades moi ben os xestos. É de MIGALLAS TEATRO e está incluída no seu traballo "Canta connosco". É moi divertida! PREME AQUÍ

LETKISS - XOGO CON VASOS (semana 13 abril)

Bos días! Esta semana propóñovos un divertido xogo de ritmo que podedes facer coas vosas familias. AQUÍ podedes ver cómo se xoga. Cada xogador precisa catro vasos de plástico. E para aprender os movementos, ide dicindo o seguinte recitado: PA----SO , UN - DOUS - TRES PA----SO , UN - DOUS - TRES PA----SO , UN - DOUS - TRES  PA----SO , UN - DOUS - TRES  (repetir) COLLO E SACO COLLO E SACO COLLO E SACO COLLO E SACO COLLO E GARDO COLLO E GARDO COLLO E GARDO COLLO E GARDO  A música para xogar soará ao premer AQUÍ. E para os máis atrevidos, deixo a versión do grupo MIMMIT, que ademáis de ser moi fermosa, amosa o baile, que podedes facer tamén na casa. O paso é ben sinxelo: DEREITA, DEREITA ESQUERDA, ESQUERDA DIANTE, ATRÁS UN, DOUS, TRES