Ir al contenido principal

CUESTIONARIO (semana 1 xuño)


TAREFA PARA ENTREGAR
A tarefa será responder ao cuestionario que tes máis abaixo. Son preguntas sinxelas para saber a actividade musical que fixeches durante este trimestre.
Para entregar a tarefa tes 2 opcións:
  • OPCIÓN 1: copiar os números das preguntas nun folio, escribir as respostas, facer unha foto que se vexa ben e enviarma ao correo, poñendo no asunto nome e curso do alumno/a.
  • OPCIÓN 2: copiar os números e escribir as respostas directamente nun documento de Word, Open Document, Libre Office o calquer procesador de texto e enviarmo por correo, poñendo ao igual que antes no asunto o nome e curso do alumno/a.
O prazo de entrega é ata o  domingo 7 de xuño. Por suposto, podes enviala antes.

O correo ao que enviaredes os cuestionarios é: 
musicanadistancia@gmail.com
A continuación tedes o cuestionario:
1. ¿Tratas de seguir semanalmente as tarefas que se suben ao blog de Música?
2. ¿Fixeches algunhas actividades? ¿Cales?
3. ¿Cal ou cales che gustaron mais?
4. ¿Botaches algo de menos? 













Comentarios

Entradas populares de este blog

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

OS MAIOS (semana 11 maio)

Hoxe quero falarvos da tradición dos MAIOS. É unha das tradicións mais antigas de Galicia. O día primeiro de maio, nos lugares onde se conserva a tradición, sácanse á rúa unhas estruturas de madeira con forma de cono que se cubren con fiuncho, musgo e outras plantas e flores. Co desfile dos maios polas praza dos pobos, facémoslle homenaxe á chegada da primavera. Os nenos e nenas cantan arredor dos maios pequenas COPLAS acompañados duns paus, cos que fan ritmos. As coplas falan dalgún personaxe do pobo, dalgún tema de actualidade, nun tono de crítica e con moita retranca! PROPOSTA Nº 1: Imos cantar os maios con HABELAS HAINAS e aprender un dos ritmos tradicionais dos maios, que podemos tocar con dous pauciños que teñamos pola casa. TA-TITI-TA-TA PROPOSTA Nº 2: Crear coplas para facer un maio reivindicativo co que está a acontecer ou como o está a vivir cadaquén … Como estás vivindo este maio. Eu xa fixen a miña: Maio Maio chega a Coiro Vén con fentos...