Este ano, por mor do COVID-19, a celebración do Día das Letras Galegas aprazouse para o 31 de Outubro. Imos dedicarlle unha sesión a coñecer un pouquiño máis a RICARDO CARBALLO CALERO e a súa obra. Comezamos escoitando o conto "AS PITAS BAIXO A CHOIVA". Despois cantaremos unha canción baseada no conto que acabamos de escoitar: E por último repasaremos o PREGUNTOIRO MUSICAL, que xa cantamos durante o confinamento no mes de maio.
Ola, rapazas e rapaces! Nestes días que temos que quedar na casa irei propoñéndovos músicas para escoitar, pequenos exercicios que facer... sempre pensando en que cando vos conectedes a "MÚSICA NA DISTANCIA", ademais de aprender pasedes un ratiño agradable. Bicos virtuais para tod@s!