Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

VIDEO COLABORATIVO (semana 30 marzo)

"I WILL SURVIVE" (en galego sobrevivirei), é unha canción soul interpretada pola cantante estadounidense GLORIA GAYNOR, lanzada en 1.978. É unha canción que invita ao optimismo e á superación persoal. Podedes escoitala AQUÍ , e de paso bailar un pouquiño! ACTIVIDADE: Animádesvos a facer un vídeo entre todos? Co material que enviedes faráse un vídeo que levará de fondo a canción que acabades de escoitar:  "I will survive".  Despois o vídeo publicaráse neste blog. Queremos transmitir unha mensaxe de ánimo, a idea de que xuntos imos saír desta. Que podemos enviar? : Imaxes (fotos vosas na casa, traballos plásticos de ánimo, debuxos positivos...) ou pequenos vídeos (que sexan moi curtos, gravados en horizontal e con boa luz) nos que saiades bailando, facendo exercicio, lendo... Onde os enviamos? : Ao correo musicanadistancia@gmail.com Agardo as vosas aportacións!! 

AS NOTAS (semana 30 marzo)

Premendo AQUÍ atoparedes un sinxelo xogo online para afianzar as notas musicais, axeitado para diferentes niveis. Agardo que vos divirta!

TOCAMOS O PIANO (semana 30 marzo)

Nenos e nenas, imos tocar o piano virtual! No enlace que vos deixo AQUÍ aparecerá un pianiño no que podedes tocar melodías coñecidas ou inventar as vosas propias cancións! Para os máis maiorciños propoño un RETO: que intentedes tocar a partitura que aparece a continuación. Recoñecedes a melodía? Podedes mandarme as respostas a musicanadistancia@gmail.com

A HORTA DE BALBINA (semana 23 marzo)

Esta entrada vai adicada aos máis pequechos do cole! Agora que vén o tempo de sementar as hortas, déixovos unha bonita canción que fala dese tema: "A HORTA DE BALBINA", de María Fumaça. Podedes cantala, inventar un baile... disfrutade con ela!! PREME AQUÍ PARA VER O VIDEO.

PRACTICAMOS RITMO CO CREBANOCES (semana 23 marzo)

O CREBANOCES é un conto de fadas-ballet.  A historia que narra é unha adaptación do conto "Crebanoces e o rei dos ratos" de Hoffman. A música foi composta por TCHAICOVSKI entre 1.891 e 1892. O fragmento que traballaremos se titula "DANZA DA FADA DE AZUCRE", e a melodía é interpretada principalmente pola celesta, un instrumento que se fixo mundialmente coñecido por primeira vez a través desta danza. Agora que xa sabedes un pouco sobre O Crebanoces, premede no seguinte enlace para practicar ritmo sobre a melodía da "Danza da Fada de Azucre".  Facede unha primeira escoita silenciosa, lendo os ritmos mentalmente. Lede os ritmos moi baixiño, case susurrando (con TA e TITI). Facede os ritmos con percusión corporal (palmas, nas pernas...). Facede os ritmos con dous lápices, paus... a modo de baquetas.

NUN MERCADO PERSA (semana 23 marzo)

Imos comezar facendo unha viaxe por Oriente. Escenas diferentes vanse desenvolver nun mercado persa da man do compositor inglés A. KETELBEY (S. XIX-XX) . É música descriptiva, iso quere decir que mediante a música se representan imaxes, escenas ou estados de ánimo, facendo que o oínte as imaxine. ESCOITA E SEGUE O MUSICOGRAMA       A obra componse de 10 escenas: Chegan lentamente os cameleiros. Os mendigos piden esmola. Aparece unha bela princesa. Os malabaristas no mercado. Os encantadores de serpes. Paseo do Califa polo mercado. Voltan as voces dos mendigos. A princesa prepárase para partir. Os cameleiros continuan o seu camiño. O mercado queda en silencio. AQUÍ PODES VER E ESCOITAR O TEMA Qué tal se..... Ilustramos entre todos as diferentes escenas con pinturas ou debuxos? Cada un pode elixir a escena que máis lle inspire, e cando voltemos ao colexio construiremos un gran musicograma entre todos!!!!