Ir al contenido principal

NUN MERCADO PERSA (semana 23 marzo)


Imos comezar facendo unha viaxe por Oriente. Escenas diferentes vanse desenvolver nun mercado persa da man do compositor inglés A. KETELBEY (S. XIX-XX). É música descriptiva, iso quere decir que mediante a música se representan imaxes, escenas ou estados de ánimo, facendo que o oínte as imaxine.

ESCOITA E SEGUE O MUSICOGRAMA



      A obra componse de 10 escenas:
  1. Chegan lentamente os cameleiros.
  2. Os mendigos piden esmola.
  3. Aparece unha bela princesa.
  4. Os malabaristas no mercado.
  5. Os encantadores de serpes.
  6. Paseo do Califa polo mercado.
  7. Voltan as voces dos mendigos.
  8. A princesa prepárase para partir.
  9. Os cameleiros continuan o seu camiño.
  10. O mercado queda en silencio.

AQUÍ PODES VER E ESCOITAR O TEMA

Qué tal se.....

Ilustramos entre todos as diferentes escenas con pinturas ou debuxos? Cada un pode elixir a escena que máis lle inspire, e cando voltemos ao colexio construiremos un gran musicograma entre todos!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

UNHA COROA DE VIOLETAS (semana 25 maio)

Unha fermosa canción para desfrutar. É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema de RICARDO CARBALLO CALERO recollido no seu libro "Reticencias". A letra  di moitos nomes de FRORES, a ver se os atopas... "Unha coroa de violetas para a túa alta fronte.  Unha rosa vermella para a túa boca acesa. Un colar de goivos para o teu alabastro.  Unha grinalda de cravos para a túa cintura. Afinal, dúas axorcas de margaridas para os teus tornozelos. Afinal? tal vez te deite aínda sobre a relva e te cobra todo o corpo de flores". Lembrade que podedes comentar na publicación!