Ir al contenido principal

PRACTICAMOS RITMO CO CREBANOCES (semana 23 marzo)


O CREBANOCES é un conto de fadas-ballet. 
A historia que narra é unha adaptación do conto "Crebanoces e o rei dos ratos" de Hoffman.
A música foi composta por TCHAICOVSKI entre 1.891 e 1892.





O fragmento que traballaremos se titula "DANZA DA FADA DE AZUCRE", e a melodía é interpretada principalmente pola celesta, un instrumento que se fixo mundialmente coñecido por primeira vez a través desta danza.





Agora que xa sabedes un pouco sobre O Crebanoces, premede no seguinte enlace para practicar ritmo sobre a melodía da "Danza da Fada de Azucre". 
  1. Facede unha primeira escoita silenciosa, lendo os ritmos mentalmente.
  2. Lede os ritmos moi baixiño, case susurrando (con TA e TITI).
  3. Facede os ritmos con percusión corporal (palmas, nas pernas...).
  4. Facede os ritmos con dous lápices, paus... a modo de baquetas.






Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

UNHA COROA DE VIOLETAS (semana 25 maio)

Unha fermosa canción para desfrutar. É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema de RICARDO CARBALLO CALERO recollido no seu libro "Reticencias". A letra  di moitos nomes de FRORES, a ver se os atopas... "Unha coroa de violetas para a túa alta fronte.  Unha rosa vermella para a túa boca acesa. Un colar de goivos para o teu alabastro.  Unha grinalda de cravos para a túa cintura. Afinal, dúas axorcas de margaridas para os teus tornozelos. Afinal? tal vez te deite aínda sobre a relva e te cobra todo o corpo de flores". Lembrade que podedes comentar na publicación!