Ir al contenido principal

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS (semana 4 maio)

Ola!
No enlace atoparedes a ficha que hai que facer. É interactiva. Ao rematar, tedes que pulsar "TERMINADO", e vos dará dúas opcións: "Comprobar mis respuestas" o "Enviar a mi profesor".
Elixide "Enviar a mi profesor" e cubride os vosos datos. Onde pon mail do teu profesor escribide musicanadistancia@gmail.com e dádelle a "send" (enviar) e xa me chegará a min.
Ánimo, que é faciliño!

PREME AQUÍ PARA FACER A FICHA

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

UNHA COROA DE VIOLETAS (semana 25 maio)

Unha fermosa canción para desfrutar. É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema de RICARDO CARBALLO CALERO recollido no seu libro "Reticencias". A letra  di moitos nomes de FRORES, a ver se os atopas... "Unha coroa de violetas para a túa alta fronte.  Unha rosa vermella para a túa boca acesa. Un colar de goivos para o teu alabastro.  Unha grinalda de cravos para a túa cintura. Afinal, dúas axorcas de margaridas para os teus tornozelos. Afinal? tal vez te deite aínda sobre a relva e te cobra todo o corpo de flores". Lembrade que podedes comentar na publicación!