Ir al contenido principal

A BAILAR CON PESDELÁN (semana 4 maio)


Ola familias!
Sabedes que día foi o 29 de abril? O Día Mundial da Danza
Por iso o Salón do Libro de Pontevedra, que se tería celebrado nestes días, preparou unha gran sorpresa! 
Que vos parece percorrer o mundo a través dos bailes tradicionais galegos, de Euskadi, Brasil ou Portugal? 
Os bailes corren a cargo de toda a equipa de Pesdelán para facernos gozar: Xiao Berlai na mandolina, Roberto Grandal no acordeón, Rubén Montes na percusión, Belén Tajes na voz e Mercedes Prieto xunto con Montse Rivera como guías das danzas. 
Veña! Todo o mundo a bailar con Pesdelán!!!!!!!!!!!!!







Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

UNHA COROA DE VIOLETAS (semana 25 maio)

Unha fermosa canción para desfrutar. É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema de RICARDO CARBALLO CALERO recollido no seu libro "Reticencias". A letra  di moitos nomes de FRORES, a ver se os atopas... "Unha coroa de violetas para a túa alta fronte.  Unha rosa vermella para a túa boca acesa. Un colar de goivos para o teu alabastro.  Unha grinalda de cravos para a túa cintura. Afinal, dúas axorcas de margaridas para os teus tornozelos. Afinal? tal vez te deite aínda sobre a relva e te cobra todo o corpo de flores". Lembrade que podedes comentar na publicación!