Ir al contenido principal

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE (semana 8 xuño)

O pasado venres 5 de xuño foi o "Día Mundial do Medio Ambiente".

Imos escoitar a canción "EARTH SONG " de Michael Jackson, xa que é moi importante que tomemos conciencia da necesidade de coidar o noso planeta.
A letra vennos moi ben para reflexionar acerca das accións do ser humano sobre a Terra - non sempre respectuosas- con frases como "¿Algunha vez te paraches a observar que as terras e as costas choran?" ...



Despois bailaremos a coreografía da canción "PEQUEÑO PLANETA", rescatada dunha vella serie de debuxos animados - David el gnomo - na que en cada capítulo ensinaban aos nenos a importancia de vivir respectando á natureza. Creemos un novo mundo limpo e respectuoso co Medio Ambiente.

XUNTOS PODEMOS!

Recordatorio: 
Os que non fixestes o cuestionario da semana pasada aínda estades a tempo de envialo ao meu correo musicanadistancia@gmail.com
É importante para ter información acerca das tarefas propostas e levar a cabo unha valoración das mesmas.
Grazas, familias, pola vosa colaboración nesta situación tan complicada.

Comentarios

  1. Gustoume moito que unha das cancions fose en inglés, un saudo Paz.
    DE ÁLEX

    ResponderEliminar
  2. ola, son Iria Fernández. Gustáronme moito os dous videos. :)

    ResponderEliminar
  3. Ola, encantounos escoitar estas cancións. Sobre todo a mín, volvendo a rememorar vellos tempos...Gracias compi e profe. María e Noa.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

OS MAIOS (semana 11 maio)

Hoxe quero falarvos da tradición dos MAIOS. É unha das tradicións mais antigas de Galicia. O día primeiro de maio, nos lugares onde se conserva a tradición, sácanse á rúa unhas estruturas de madeira con forma de cono que se cubren con fiuncho, musgo e outras plantas e flores. Co desfile dos maios polas praza dos pobos, facémoslle homenaxe á chegada da primavera. Os nenos e nenas cantan arredor dos maios pequenas COPLAS acompañados duns paus, cos que fan ritmos. As coplas falan dalgún personaxe do pobo, dalgún tema de actualidade, nun tono de crítica e con moita retranca! PROPOSTA Nº 1: Imos cantar os maios con HABELAS HAINAS e aprender un dos ritmos tradicionais dos maios, que podemos tocar con dous pauciños que teñamos pola casa. TA-TITI-TA-TA PROPOSTA Nº 2: Crear coplas para facer un maio reivindicativo co que está a acontecer ou como o está a vivir cadaquén … Como estás vivindo este maio. Eu xa fixen a miña: Maio Maio chega a Coiro Vén con fentos...