Ir al contenido principal

OUTRA DE MAIOS... (semana 11 maio)

Emilio Batallán compuxo esta fermosa música para acompañar un fermoso poema de Manuel Curros Enríquez.

Como estamos no mes das letras, anímovos a que escoitedes este fermoso poema musicado e desfrutedes del, incluso que o cantedes...




O MAIO
Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...

Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

UNHA COROA DE VIOLETAS (semana 25 maio)

Unha fermosa canción para desfrutar. É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema de RICARDO CARBALLO CALERO recollido no seu libro "Reticencias". A letra  di moitos nomes de FRORES, a ver se os atopas... "Unha coroa de violetas para a túa alta fronte.  Unha rosa vermella para a túa boca acesa. Un colar de goivos para o teu alabastro.  Unha grinalda de cravos para a túa cintura. Afinal, dúas axorcas de margaridas para os teus tornozelos. Afinal? tal vez te deite aínda sobre a relva e te cobra todo o corpo de flores". Lembrade que podedes comentar na publicación!