Ir al contenido principal

UNHA COROA DE VIOLETAS (semana 25 maio)


Unha fermosa canción para desfrutar.
É un sinxelo valse primaveral composto por Uxía sobre un fragmento dun poema de RICARDO CARBALLO CALERO recollido no seu libro "Reticencias".

A letra  di moitos nomes de FRORES, a ver se os atopas...


"Unha coroa de violetas para a túa alta fronte. 
Unha rosa vermella para a túa boca acesa.
Un colar de goivos para o teu alabastro. 
Unha grinalda de cravos para a túa cintura.
Afinal, dúas axorcas de margaridas para os teus tornozelos. Afinal? tal vez te deite aínda sobre a relva e te cobra todo o corpo de flores".

Lembrade que podedes comentar na publicación!

Comentarios

  1. Violetas, Rosa roja e Margaritas.
    Muy bonito, saludos Paz.

    ResponderEliminar
  2. Marcos Rivas
    Violetas,rosa,cravos,goivos, margaridas

    ResponderEliminar
  3. Violetas, rosa vermella, margaritas, goivos e cravos.

    ResponderEliminar
  4. Aroa Romero
    Violetas, rosas, margaridas.

    ResponderEliminar
  5. Coroa de violetas,rosa vermella,margaridas para os tornecelos.... unha letra moi fermosa🌈

    ResponderEliminar
  6. Iria Suárez López: violetas, rosa, goivos, cravos, margaridas

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

PREGUNTOIRO MUSICAL 2020 (semana 18 maio)

O "Preguntoiro Musical 2020" é un traballo realizado nesta dura etapa de confinamento por J.M. López Cabana, para dar a coñecer a través dun xogo-canción, datos importantes da vida e obra de Don Ricardo Carballo Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Agardo que vos divirtades ao mesmo tempo que aprendedes sobre RICARDO CARBALLO CALERO. Podedes cantar o retrouso e facer os xestos, e intentar acertar as preguntas que fan sobre o escritor. ESTE 2.020 É MOI SINGULAR O CORONAVIRUS NON NOS DEIXA TRABALLAR DE CARBALLO CALERO EU VOUCHE PREGUNTAR PRA VER O QUE SABES E SE PODES CONTESTAR. Non é necesario que me enviedes nada esta semana, pero se vos gusta podedes facer un comentario na entrada do blog.

EU TEÑO ALGUÉN (semana 15 xuño)

Ola nenos e nenas, chegou a hora de despedirnos. Desfrutade moito do verán, que o tedes ben merecido! Unha vez máis grazas, familias, pola vosa colaboración: mamás, papás, avós, avoas, irmáns maiores... grazas a todos! Imos despedirnos coa canción "EU TEÑO ALGUÉN" de María Fumaça. Todos temos a alguén no noso corazón... e eu vos teño a vós! Ata o próximo curso!!! 

OS MAIOS (semana 11 maio)

Hoxe quero falarvos da tradición dos MAIOS. É unha das tradicións mais antigas de Galicia. O día primeiro de maio, nos lugares onde se conserva a tradición, sácanse á rúa unhas estruturas de madeira con forma de cono que se cubren con fiuncho, musgo e outras plantas e flores. Co desfile dos maios polas praza dos pobos, facémoslle homenaxe á chegada da primavera. Os nenos e nenas cantan arredor dos maios pequenas COPLAS acompañados duns paus, cos que fan ritmos. As coplas falan dalgún personaxe do pobo, dalgún tema de actualidade, nun tono de crítica e con moita retranca! PROPOSTA Nº 1: Imos cantar os maios con HABELAS HAINAS e aprender un dos ritmos tradicionais dos maios, que podemos tocar con dous pauciños que teñamos pola casa. TA-TITI-TA-TA PROPOSTA Nº 2: Crear coplas para facer un maio reivindicativo co que está a acontecer ou como o está a vivir cadaquén … Como estás vivindo este maio. Eu xa fixen a miña: Maio Maio chega a Coiro Vén con fentos...