A "CANTARELA DOS NENOS" É UN POEMA DE NEIRA VILAS MUSICADO POLO GRUPO NA VIRADA.
Hoxe quero falarvos da tradición dos MAIOS. É unha das tradicións mais antigas de Galicia. O día primeiro de maio, nos lugares onde se conserva a tradición, sácanse á rúa unhas estruturas de madeira con forma de cono que se cubren con fiuncho, musgo e outras plantas e flores. Co desfile dos maios polas praza dos pobos, facémoslle homenaxe á chegada da primavera. Os nenos e nenas cantan arredor dos maios pequenas COPLAS acompañados duns paus, cos que fan ritmos. As coplas falan dalgún personaxe do pobo, dalgún tema de actualidade, nun tono de crítica e con moita retranca! PROPOSTA Nº 1: Imos cantar os maios con HABELAS HAINAS e aprender un dos ritmos tradicionais dos maios, que podemos tocar con dous pauciños que teñamos pola casa. TA-TITI-TA-TA PROPOSTA Nº 2: Crear coplas para facer un maio reivindicativo co que está a acontecer ou como o está a vivir cadaquén … Como estás vivindo este maio. Eu xa fixen a miña: Maio Maio chega a Coiro Vén con fentos...
Ola. Alédanos que escollerades A Cantarela dos nenos con letra de Neira Vilas e música de Xico de Cariño para conmemorar o Día da Paz. Mais estaría ben que correxirades os créditos do vídeo pois aparece como autor Suso Vaamonde. Unha aperta.
ResponderEliminarRosa E. Gantes